Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Ética e deontoloxía profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Saídas de estudo/prácticas de campo Visita a unha institución innovadora en Educación Democrática co fin de observar na práctica o funcionamento do modelo educativo e do rol do educador nun contexto de educación autónoma e automotivada.

-Non se cualifica independentemente xa que se presupón que o seu valor é tamén instrumental para a realización das probas finais.
0
Estudo de casos/análises de situacións Análise e razonamento de casos prácticos e dilemas de ética profesional en contextos educativos.

-Non se cualifica independentemente xa que se presupón que o seu valor é tamén instrumental para a realización das probas finais.
0
Seminarios A dinámica de seminario impica a co-responsabilidade na presentación de lecturas especialmente escollidas para suscitar a reflexión sobre problemas específicos e a aportacións de cuestións e contribucións que evidencien un grao de comprensión da materia e dos problemas correspondentes. 20
Sesión maxistral Desarrollo por parte do docente dos principais conceptos e contidos do temario, apoiado polas lecturas sinaladas e en interlocución coa clase.

-Non se cualifica independentemente xa que se presupón que o seu valor é tamén instrumental para a realización das probas finais.
0
Outras Comentario de texto sobre unha cuestión relevante da materia.
Ofrecerase unha guia cunha proposta de pasos a seguir para a elaboración dun comentario.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento EXAME FINAL: resposta a cuestións deseñadas para amosar a capacidade de relación e comprensión dos principais conceptos da materia ou a súa conexión con problemas reais. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1-Os alumnos non-presenciais únicamente realizarán as probas do exame finaL, co seguinte criterio de cualificación:

 COMENTARIO DE TEXTO---60%
 RESPOSTA BREVE---40%

2- No caso de non superar a materia na 1ª convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de Xullo.

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/) no menú "Datas exames".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000