Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral

Valorarase a asistencia regular ás clases e a participación activa.
5
Traballos tutelados
A avaliación dividirase en tres apartados: avaliación técnica, valoración dos contidos e da exposición oral. Na avaliación técnica cualificarase o desenvolvemento da presentación desde aspectos puramente informáticos. Nos contidos terase en conta: a súa relevancia e a súa adecuación á EA; si o texto presenta corrección gramatical e ortográfica e si se emprega un nivel de linguaxe culta e un rexistro formal. Tamén se evaluará si se tiveron en conta as indicacións da profesora á hora de levar a cabo o traballo e si fixéronse as correcciones recomendadas. Na presentación oral valorarase si utilízanse expresións e vocabulario adecuado; si son capaces de expresar as ideas cunha linguaxe propia sen necesidade de ler literalmente as diapositivas da presentación, etc. Os traballos subiranse a plataforma Faitic nas datas sinaladas.
30
Obradoiros Valorarase a participación activa nas diferentes sesións prácticas programadas na materia. 15
Foros de discusión Valorarase a participación activa, tanto nos debates de aula como nos comentarios nos distintos edublogs e redes sociais. 15
Probas de resposta curta Exame escrito (preguntas cortas e tipo test) que versará sobre os contidos teóricos do temario e as actividades realizadas ao longo do curso académico. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.

Avaliación do alumnado non asistente:

Os criterios de avaliación serán:

- 50 % exame (probas de resposta curta e tipo test) 

- 40 % traballos tutelados, deberán subirse ao edublog e a Faitic nas datas sinaladas (algún dos traballos poderán ser solicitados de maneira material).

- 10 % tarefa consensuada coa profesora.

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-*ou/) no menú "Datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000