Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nestas actividades presentaranse os obxectivos e contidos da materia, metodoloxías, sistema de tutorización e avaliación que levarán a cabo ao longo do curso,
Explicaranse ademais os traballos obrigatorios e voluntarios que se poderán realizar, así como a forma de presentación.
Sesión maxistral Clases maxistrais dialogadas sobre temas de fundamentación teórica. As exposicións teóricas realizadas serán en modo presentación PowerPoint. Estas teñen por finalidade, presentar ao alumnado unha información organizada e estruturada en forma de cadros e esquemas de sínteses. Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo introduciranse elementos de motivación que inviten ao alumnado á participación, ao debate razoado e xeren un ambiente de aprendizaxe dinámica e aberto. Para que isto suceda, se incorporán paralelamente os seguintes recursos e estratexias didácticas: exploración das ideas ou coñecementos previos dos estudantes, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc.
Traballos tutelados O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora documentos ou actividades sobre distintas temáticas da materia que incluirá nun edublog. Prepara investigacións, memorias, comentarios críticos de lecturas, presentacións, vídeos, webquest, bandas deseñadas, etc. Geralmente trátase dunha actividade autónoma que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e uso das tecnoloxías da comunicación e da información (TIC).
Os temas sobre os que realizarán os traballos poden ser moi variados, pero sempre deben versar sobre a análise, deseño, aplicación ou avaliación dalgunha intervención educativa de contido ambiental. Aínda que non sempre teñen por que contemplar todas estas etapas. De forma xeral o tema e o enfoque pode ser proposto polo alumnado aínda que sempre é necesario un acordo previo coa profesora.
Os traballos poden ser individuais ou en grupo (máximo de dous estudiantes, salvo indicación da profesora).
Obradoiros O principal obxectivos será iniciar ao alumnado no sesarrollo de determinadas habilidades, capacidades e destrezas para traballar a EA nas aulas de Educación Primaria.
Os intereses dos /as estudantes, as circunstancias particulares, dificultan o poder concretar definitivamente todos os talleres que se realizarán ao longo do curso. Expomos posible talleres, dos que se escollerán como mínimo cinco cada cursos:
- Edublogs
- Glosters
- Os xogos de simulación como recurso metodolóxico na EA
- Planificación de Webquest en EA
- Reutilización e reciclaxe
- Taller de envases
- Cine e Medio Ambiente
- Planificación de campañas a favor do medio.
- Fotodenuncia comentada
- Elaboración de curtos con guión ambiental
- Debuxos e bandas deseñadas
- Reportaxes multimedia
- Curtos con guión ambiental
- Vídeos musicais con temática ambiental
- Posters científico
- Presentacións de Medio Ambiente
- Contos, cancións, dramatizacións... para traballar en EA.
Foros de discusión Realizaranse debates sobre temas relativos ao Medio Ambiente como: problemas ambientais, modelo educativo dominante ante a problemática ambiental, obstáculos da incorporación ambiental na escola, cambio climático, desenvolvemento sostible, modelos de desarrollo, decrecemento etc.
Os encontros para o debate tamén poderan realizarse no aula. As discusións estaran coordinadas por un moderador ( docente ou un/a estudante), quen introducirá o tema, estimulará ao alumnado, pedirá fundamentos, explicacións e antes de pechar a discusión sintetizará o exposto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000