Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
A2 Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
A7 Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
A8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
A9 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable
A10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B3 Comunicación oral e escrita
B4 Coñecemento de lingua estranxeira
B5 Coñecemento de informática
B6 Capacidade de xestión da información
B7 Resolución de problemas
B8 Toma de decisións
B13 Razoamento crítico
B14 Compromiso ético
B15 Aprendizaxe autónoma
B17 Creatividade
B19 Coñecemento doutras culturas e costumes
B20 Iniciativa e espírito emprendedor
B21 Motivación pola calidade
B22 Sensibilidade por temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000