Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Avaliación continua (en inglés): Presentación e exposición oral a aula dun traballo de grupo sobre unha unidade didáctica, con apoio de material. Valorarase a aplicación didáctica e a creatividade. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Avaliación continua (en inglés): Probas para avaliación das competencias orais e escritas adquiridas nos traballos de aula e mediante mensaxes textuales e audiovisuais colgados na plataforma virtual da materia. 30
Traballos e proxectos Avaliación continúa (en inglés): Presentación dos resultados dos traballos sobre a temática da materia. Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo, de xeito oral ou por escrito… 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar (cun 50% como mínimo) cada un do tres apartados arriba mencionados. En caso de PLAXIO a cualificación será de SUSPENSO.

Efectuarase un seguimento de asistencia a clase. En segunda convocatoria e para os alumnos que non se acollen á avaliación continua e/ou non asisten ao 80% das clases, realizarase un exame final que englobe todos os contidos e destrezas. Consistirá nunha presentación da unidade didáctica en horas de tutoría (40%), unha proba de exame oral en inglés (30%) e dun exame final tipo test sobre lingua e didáctica (30% - os alumnos terán que aprobar cada unha das dúas partes do exame escrito, cun mínimo de 5 sobre 10 en lingua, e 5 sobre 10 en didáctica).

De non ter
superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na
convocatoria de Xullo.

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/ ) no menú "Datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000