Estudos/actividades previos |
Procura, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios que se realizarán na aula e/ou laboratorio… de forma autónoma por parte do alumnado. |
Traballos tutelados |
Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados ca materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia. Desenvólvense en espazos especiais con equipamiento especializado (laboratorio de idiomas). |