Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica da lingua e literatura: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula A participación activa e implicación nos traballos de aula serán obxecto de avaliación continua. 10
Presentacións/exposicións Valorarase o interese e a participación, a aplicación didáctica, a creatividade e a expresión oral: corrección e fluidez. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas sobre contidos da materia.Ademais de comprobar o nivel de coñecementos avaliarase a competencia do estudante:
-Para elaborar un discurso persoal coherente e correcto.
-Para establecer relacións entre os conceptos, entre os núcleos temáticos, entre as reflexións teóricas, as aplicacións prácticas, etc.
Para demostrar a capacidade de lectura comprensiva ( interpretativa e crítica) sobre o que se pregunta.
-Para demostrar o dominio de expresión escrita ( estruturas sintácticas, precisión léxica, corrección ortográfica, etc.)
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar ( cinco puntos sobre dez ) tanto o exame teórico como as presentacións/exposicións dos traballos , en grupo, con material de apoio, sobre un tema ou parte dun tema.

As competencias non adquiridas serán de novo avaliadas no mes de Xullo.

Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON poidan ASISTIR regularmente serán avaliados:

-Proba de resposta longa/de desenvolvemento: 50%

-Dous traballos prácticos por escrito, con material de apoio, sobre un tema ou parte dun tema: 50%

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou ) no apartado "Datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000