Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. 20
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da asignatura. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON poidan ASISTIR regularmente deberán presentarse a unha proba escrita e a unha proba oral en francés. Estas probas versarán sobre os contidos da materia e cada unha delas puntuará o 50% da nota final. 


Na convocatoria de xullo, unicamente avaliaranse as competencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu cuadrimestre. 

 Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educación-ou/ ) no menú "Datas Exames".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000