Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Innovación e investigación didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios acomodados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da Innovación e Investigación Didáctica. Así mesmo, esta metodoloxía é propicia para a participación dos estudantes a través da formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista, etc. COMPUTA NA AVALIACIÓN CONTINUA.
Titoría en grupo A través delas o profesor facilitará e orientará os estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...) . COMPUTA NA AVALIACIÓN CONTINUA
Seminarios A través dos seminarios abordaranse temas específicos, que permitan profundar os contidos da materia. É dicir, utilízanse como complementos de clases teóricas. COMPUTAN NA AVALIACIÓN CONTINUA
Metodoloxías integradas Realización por parte dos estudantes, de forma individual ou en grupo, dun proxecto de innovación e outro de investigación, un por bimestre, mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades. COMPUTA NA AVALIACIÓN CONTINUA
Actividades introdutorias Esta avtividades servirán para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000