Socioloxía: Sociedade, cultura e pensamento/O05G120V01104
Outros comentarios
1. A ensinanza que se vai desenvolver terá un carácter basicamente aplicado e favorecerá a actitude participativa como corresponde a un aprendizaxe que se quere operativo nas futuras actividades profesorais dos alumnos e alumnas do grado.
2. A interactividade será unha das esixencias fundamentais na planificación e desenvolvemento das actividades tanto lectivas como as prácticas e aplicadas.
3. O espazo das mesmas poderá ser o da aula ou calquera outro que facilite a integración do alumnado na experiencia.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).