Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado (laboratorios científico-técnicos, de idiomas, etc).
Sesión maxistral Exposicións sobre contidos da materia, directrices dos traballos/prácticas a desenvolver por parte dos alumnos
Saídas de estudo/prácticas de campo Itinerario polo campus e o río Lonia para coñecer as especies máis comúns de árbores e a vida existente nun curso de auga. Visita voluntaria ao Parque Natural do Invernadoiro (2 días).
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e os seus compañeiros dun tema sobre contidos da materia. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo.
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000