Educational guide 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Galician language
Subject Guide
IDENTIFYING DATA 2020_21
Subject Lingua galega Code O05G120V01404
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Total Cr. Type Year Quadmester
6 Mandatory 2 2c
Teaching language
Galego
Prerequisites
Department Filoloxía galega e latina
Coordinator
Iglesias Álvarez, Ana María
E-mail anaiglesias@uvigo.es
Lecturers
Dacosta Pérez, Fernando
Iglesias Álvarez, Ana María
Web
General description O Grao en Educación Primaria esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha ampla formación en aspectos psicopedagóxicos, un dominio cabal da ferramenta básica e imprescindible na comunicación: a lingua. Tal competencia é condicion sine qua non para a transmisión de coñecementos e para formar os discentes dun xeito integral. Tres son as destrezas que os profesores deben perfeccionar nas aulas para alcanzar os obxectivos inherentes á aprendizaxe desta materia: a capacidade lectora (comprensión, ritmo, dicción), a expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e a expresión escrita (corrección, cohesión, propiedade).

O futuro mestre de Educación Primaria deberá, polo tanto, adquirir un nivel adecuado de lingua galega que lle permita o dominio das destrezas arriba sinaladas (lectura expresiva, expresión oral e expresión escrita) para levar a cabo unha tripla tarefa: utilizar a lingua galega como lingua normal no ensino, servir de modelo de corrección lingüística aos seus alumnos e detectar e corrixir os erros que estes poidan cometer na lingua oral e na escrita
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000