Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Aspectos didácticos e organizativos da educación especial/O05G120V01934
Didáctica das ciencias sociais/O05G120V01503
Educación ambiental para o desenvolvemento/O05G120V01901
Educación artística/O05G120V01902
Educación física e a súa didáctica na educación primaria/O05G120V01601
Innovación e investigación didáctica/O05G120V01504
Literatura infantil e xuvenil/O05G120V01910

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Didáctica das artes plásticas e visuais/O05G120V01401
Lingua galega/O05G120V01404

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria/O05G120V01201
Educación: Fundamentos didácticos e organizativos do ensino/O05G120V01101
Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria/O05G120V01202
Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe escolar/O05G120V01205
Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos/O05G120V01103
Socioloxía: Socioloxía da educación/O05G120V01105
Aprendizaxe e desenvolvemento da motricidade na educación primaria/O05G120V01301
 
Outros comentarios
a. Debido á importante carga práctica da materia, é altamente recomendable a asistencia regular ás sesións presenciais, tanto ás Sesións A como ás Sesións B. b. Esta materia forma parte do Proxecto de Innovación Docente da Facultade de Educación e Traballo Social, do Programa de materias English-Friendly (Programa de internacionalización lingüística da UVIGO), e do ciclo integrado do Programa Universitario de Maiores da UVIGO. c. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). d. É necesario consultar a aula virtual da materia ao menos unha vez por semana, así como ter activo o correo electrónico institucional da UVIGO e usalo para as comunicacións co profesorado. Co fin de asegurar a privacidade e garantir a identidade, non se atenderán mensaxes electrónicas enviadas dende contas alleas ás da UVIGO. e. Os traballos deberán ser orixinais. A detección de plaxio ou copia de traballos suporá o suspenso na convocatoria correspondente. Agás na realización de traballos coordinados entre materias, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias a efectos de avaliación. f. Dentro da lóxica do camiño cara a sociedades máis inclusivas e igualitarias, e seguindo os principios de igualdade cos que está comprometida esta universidade, recoméndase facer uso da linguaxe inclusiva (especialmente no referido a colectivos vulnerables) e non sexista tanto nos traballos como nas producións orais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000