Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha ou varias respostas entre un número limitado de posibilidades. 25
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 40
Outras Participación nas actividades de aula 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Poderán recuperar as competencias non adquiridas na convocatoria de final de cuadrimestre ou na correspondente ao mes de xullo, manténdoselles a nota das probas/actividades xa superadas. Os estudantes que non poidan asistir á clase contarán con actividades e probas alternativas.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames'

Outros:

Para os alumnos que non asisten a clase para superar a materia requíreselles a entrega de os traballos non presentados durante o curso. Só han de presentar ao final os traballos pendentes ou non entregados durante o curso.

As competencias non adquiridas ao longo do curso, serán de novo avaliadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000