Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Xeografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Realización de tres probas ao longo do cuadrimestre sobre os contidos das leccións maxistrais 25
Traballos tutelados Presentación do traballo realizado polo alumnado de acordo ás pautas propostas. Requírese participación activa. Unha parte destes traballos realizarase na aula. 20
Probas de resposta curta Preguntas cuxa resposta realizaraa o alumnado en espazo taxado e levarán a termo o remate de cada tema. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización correcta da totalidade das prácticas da materia. Traballos de recollida de datos reais nas saídas culturais. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario que o alumnado obteña en cada apartado avaliable como mínimo un 50% da cualificación no devandito apartado.


O alumnado que non supere algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo. As competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.


No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo *tutorizado polo profesor, realizará unha proba dos contidos teóricos da materia que suporá o 60% da nota final e outra dos contidos prácticos que suporá  o 40% restante. Para superar a materia é necesario que o alumnado obteña en cada unha das partes (teoría e práctica) un 50% da cualificación establecida para cada apartado.


As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo  Exámenes en el grado de Educación Primaria


Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases, en alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000