Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun exercicio ou traballo a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado Realización dun traballo académico por grupos sobre algún dos contidos relacionados coa materia, a través dun desenvolvemento teórico, a realización dunha investigación empírica ou o deseño dunha unidade didáctica para un nivel/curso de Educación Primaria.
Ademáis, pódese requerir a presentación oral por parte dos grupos sobre o estado de elaboración deste traballo e/ou os seus resultados durante as clases prácticas.
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios para potenciar a comprensión e aplicación dos contidos teóricos que se desenvolven na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000