Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aprendizaxe e desenvolvemento da motricidade na educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Avaliarase a elaboración e exposición dunha proposta de intervención de estimulación e aprendizaxe motor en base aos resultados acadados a través dos test de estudados. 20 B1
B2
B4
B8
C1
C2
D2
D7
D9
D12
D18
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación de as competencias adquiridas que inclúen preguntas pechas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple ou preguntas de resposta curta). 40 C1
C2
Cartafol/dossier Elaborarase un informe por cada unha das prácticas realizadas (10%).
Presentación en formato póster dun dos tópicos que constitúen o programa de prácticas (30%).
40 B1
B2
B4
C1
D2
D12
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar o 50% en cada apartado da avaliación.

Para optar a avaliación continua e formativa da materia será imprescindible asistir a máis do 80% das clases teóricas e prácticas.

Para o alumnado non asistente ou que non acade o 80% da asistencia, a avaliación constará de duas probas: unha de competencias teóricas (40%) e outra de competencias prácticas (60%).

Avaliación de competencias teóricas

40%

Avaliación de competencias prácticas

60%

Constará dunha proba obxectiva de competencias teóricas.

O manual de referencia para esta parte é o seguinte:

Granda, J. e Alemany, I. (2003). Manual de aprendizaje y desarrollo motor. Paidós.

Constará dunha serie de preguntas que versarán sobre os procedementos e competencias desenvolvidas nas clases prácticas.

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT)

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade http://webs.uvigo.es/educacion-ou/ no espazo "datas exames".

É importante a participación nas primeiras sesións da materia para comprender o proceso do seu desenvolvemento. Toda a información necesaria para superar a materia atópase na plataforma Moovi a disposición do alumnado.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000