Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aprendizaxe e desenvolvemento da motricidade na educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Avaliarase a elaboración e exposición de propostas de estimulación e aprendizaxe realizadas en pequeno grupo (4 alumnos).
Avaliarase a observación sistemática e análise doutras propostas de pequenos grupos.
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades 40
Cartafol/dossier Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación.
- Os criterios de avaliación son:
- Identificación correcta das competencias adquiridas en cada bloque.
- Elaboración de mapas conceptuais dos contidos teóricos de cada bloque.
- Evidencias empíricas das práctica realizadas e dos problemas resoltos no laboratorio.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é imprescindible alcanzar o 50% en cada apartado da avaliación.

Para os alumnos non asistentes ou que non alcanzan o 80% da asistencia,o valor do exame será o 60 % e o portafolios o 40%. Ademais das probas citadas, realizarán un exame práctico oral, relacionado coas competencias adquiridas a través da elaboración do portafolios.

As competencias non superadas, total ou parcialmente, na convocatoria de xuño poden superarse na convocatoria de xullo. As competencias superadas mantéñense.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade http://webs.uvigo.es/educacion-ou/ no espazo "datas exames".

É importante a participación nas primeiras sesións da materia para comprender o proceso do seu desenvolvemento. Toda a información necesaria para superar a materia atópase na plataforma TEMA  a disposición dos alumnos/as.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000