Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe escolar
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación das actividades realizadas polo estudante na aula tales como exposicións, análises de casos, debates sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto, etc. Pódense levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 25
Probas de tipo test Probas que inclúen preguntas con diferentes opcións de resposta sobre contidos da materia. 25
Informes/memorias de prácticas Informes e defensa das prácticas realizadas no que se desenvolvan, relacionen, organicen os coñecementos e preséntense conclusións propias dos estudantes sobre as mesmas. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada proba ou actividades obxecto de avaliación como mínimo un 50% da cualificación nese apartado.
Aqueles estudantes que non superen algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo.

Para os estudantes que sigan a avaliación continua, os traballos serán obrigatorios e contará a asistencia a clase do alumno, que tamén será obrigatoria, tanto no seminarios como nos grupos pequenos (esíxese a asistencia regular de polo menos o 80% das sesións). Os traballos entregaranse nas sesións de grupo pequeno segundo o calendario que se estableza.

No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo tutorizado polos docentes realizará unha proba na que se avaliarán as competencias básicas da materia que incluirá contidos teóricos e prácticos 

As datas  oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade, no espazo DATAS EXAMES

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000