Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Prevención e tratamento das dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valoración das contribucións persoais e grupais en forma de colaboración e participación nas sesións teóricas con ampliación autónoma de contidos por parte do alumnado, exposición de ideas fundamentadas, capacidade crítica, de análise e relación de coñecementos. 20
Seminarios Avaliación da capacidade e motivacións para comunicar ós compañeiros/as, os argumentos das análises e afondamentos dos contidos da materia. 30
Traballos tutelados Avaliación da comprensión e aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos a través da secuencia de entregas realizadas na resolución do caso práctico.
Valoración do seguimento periódico do caso práctico e dos axustes introducidos de acordo coas aprendizaxes interiorizadas.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para os estudantes que sigan a avaliación continua, os traballos serán obligatorios e contará a asistencia a clase do alumno, que tamén será obrigatoria, tanto nos seminarios como nos grupos pequenos. Os traballos entregaranse nas sesións de grupo pequeno. Seguir a modalidade de avaliación continua, non garantiza o aprobado na materia. 

Os estudiantes que non sigan a avaliación continua deben realizar o día 19 de maio  de 2015 ás 9:30 horas, un exame no que se avaliarán as competencias básicas da materia. O exame consistirá na resolución dun caso práctico de dificultades de aprendizaxe ou trastornos do desenvolvemento, completando os apartados de prácticas establecidos para o traballo tutelado.

Aqueles estudantes que non superen a materia pola modalidade de avaliación continua ou suspendan na convocatoria anterior (maio), poderán avaliarse novamente na convocatoria de xullo, establecida o día 26 de xuño de 2015 ás 9:30 horas, de acordo ós mesmos criterios establecidos na convocatoria anterior (resolución de caso práctico).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000