Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Estudo e debate en relación ós DCBs. Análise e estructuración do traballo a desenvolver con eles como documento base.
Prácticas externas Observación de diferentes aulas de Educación Primaria en centros de ensino público e concertado e intervención no seu caso seguindo unha guía de observación elaborada polo docente.
Obradoiros Elaboración de diferentes recursos didácticos alternativos: de tipo lúdico e manipulativo, audiovisuais, unidades didácticas globalizadas, guiones didácticos, manualidades artísticas para introducir temas do currículo de primaria, deseños curriculares de aula sobre o ciclo anual das festas populares e temas propios da escola primaria (datas significativas, días internacionais, etc.)
Actividades introdutorias Observación por parte do docente do contido da materia e das actividades a realizar durante o curso.
Sesión maxistral Información previa dada polo profesor cos esquemas correspondentes dos diferentes contidos básicos que debe contemplar o deseño curricular de aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000