Guia docente 2025_26
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Sociedade, cultura e pensamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Presentación e debate dun tema. 20 A3
B8
C13
C23
C34
D1
D3
D6
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen sobre o temario da materia. 40 A1
A2
A3
A5
B4
C23
D1
D14
Traballo Proposta didáctica 40 A3
C13
C14
C23
D1
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado asistente e o non asistente ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia. 

Alumnado asistente: Realización dunha proposta didáctica, traballando en grupos cooperativos, seguindo a metodoloxía de "Filosofía para crianzas", que debe ser exposta oralmente (40%), realización de actividades asociadas ao seminario (20%), exame final da materia (40%). As actividades realizadas nas sesións teóricas poderán subir a nota ata un 10%.

Alumnado non asistente: Realización dunha proposta didáctica, seguindo a metodoloxía de "Filosofía para crianzas", segundo as indicacións do profesorado (40%), realización de actividades asociadas ao seminario (20%), exame final da materia (40%).

Para ambas modalidades de avaliación,  as partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico

As datas oficiais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade,
no apartado de organización académica, espazo "datas de exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000