Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Asistencia e participación activa na clase e nas actividades de aula, así como en presentacións de traballos.
10
Traballos tutelados Realización de traballos, comentarios ou recensións. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba de carácter escrito no que se deberán analizar documentos ou desenvolver cuestións vinculadas cos eixes temáticos do programa. 20
Cartafol/dossier O alumnado deberá realizar un seguimento das actividades de aula e trasladalo a un documento xeral que recolla os contidos tratados na materia xunto coas súas achegas persoais. 20
Probas de resposta curta Proba de carácter escrito con preguntas nas que o alumnado deberá escoller a resposta correcta entre varias posibles. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá comunicar ao profesorado por cal dos dous procesos de avaliación vai optar na primeira quincena do curso, agás no caso do alumnado que perda o dereito á avaliación continua por faltas de asistencia. Calquera outra circunstancia, deberá ser comunicada ao profesorado para os efectos da avaliación.

Avaliación continua para o alumnado asistente.

Realizarase segundo os seguintes parámetros:

1. Traballos de aula: 10%. (1 punto)
2. Traballos tutelados individuais ou colectivos, que poden tratar do comentario dun libro: 20%. (2 puntos)
3. Cartafol: 20%. (2 puntos)
4. Proba escrita na que se desenvolverán subtemas do programa: 30% (3 puntos)
5. Proba escrita de resposta curta: 20% (2 puntos)

Para obter unha cualificación positiva o alumnado deberá conseguir o 50% en cada dos apartados.

O alumnado asistente que non supere o proceso de avaliación continua deberá realizar unha proba extraordinaria seguindo as instrucións do profesorado coa finalidade de traballar aqueles contidos non superados e conseguir as competencias a eles asociadas.

Avaliación de non asistentes

Terán a consideración de non asistentes aqueles alumnos/as que non consigan o 80% da asistencia. A ficha con foto e datos persoais deberá ser entregada ao profesor nas dúas primeiras semanas de clase. Para a superación da materia deberá conseguirse o 50% de todos os apartadados sinalados na avaliación. A avaliación ordinaria e extraordinaria para o alumnado non asistente consistirá en:

1. Cartafol que conterá un desenvolvemento de varios subtemas do programa. 2 puntos.
2. Traballo individual programado co profesor que poderá consistirá na lectura e comentario dun libro: 2 puntos.
3. Proba escrita que consistirá no desenvolvemento desubtemas incluídos no temario: 6 puntos.

IMPORTANTE:

No caso de superar algunha das partes da materia conservarase a cualificación para o mesmo curso académico, debendo superar unicamente as probas nas que non se obtivera a cualificación mínima sinalada máis arriba.

A data oficial do exame pode consultarse na web da facultade, no apartado Datas exames, dispoñible na dirección: http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000