Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da persoa responsable da docencia e do programa da materia. Avaliación inicial de expectativas, coñecementos e actitudes.
Sesión maxistral Exposición por parte da persoa responsable da docencia dos contidos da materia e das bases teóricas e directrices do traballo a desenvolver polo estudantado.
Debates O alumnado comentará e analizará nunha perspectiva reflexiva e crítica cuestións cunha orientación teórica e práctica vinculadas cos contidos básicos da materia
Resolución de problemas e/ou exercicios Orientados a analizar casos, estudo de situacións, comentar textos ou afondar ou complementar os contidos da materia.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico. Empréganse como complemento das sesións maxistrais, para desenvolver competencias instrumentais relacionadas co marco teórico da materia.
Traballos de aula Terán como finalidade a exposición de comentarios, recensións, actividades ou traballos de tipo individual e/ou colectivo por parte do alumnado con debate posterior.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar de forma individual e/ou grupal varios traballos sobre algúns dos temas vinculados cos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000