ALUMNADO ASISTENTE
Primeira convocatoria: A nota final será a media ponderada dos traballos realizados na aula (20%+20%), o caderno de prácticas e traballo de investigación (40%) e o exame (20%, sendo necesario que a nota mínima sexa un 4 sobre 10)
Segunda convocatoria: As partes da materia superadas na primeira oportunidade, non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. ALUMNADO NON ASISTENTE O alumnado non asistente terá un plan de traballo para as dúas convocatorias con diferentes actividades na plataforma Moovi e farán o exame nas mesmas condicións do alumnado asistente. A cualificación final da materia será a media das notas obtidas nas actividades (80%) e o exame (20%).
As partes da materia superadas na primeira oportunidade, non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptarase para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe da materia. Abrirase un cartafol na plataforma Moovi no que se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. As datas oficiais dos exames poderán consultarse na web da facultade no espazo "datas exames".
|