AVALIACIÓN EN 1ª CONVOCATORIA:
Para poder acollerse á avaliación continua a través da realización das actividades na aula é preciso asistir ás sesións lectivas de aula (Grupo A) e de aula-laboratorio (Grupos B) nun 80% do tempo presencial, cun aproveitamento idóneo.
A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación continua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares obtidas. En todo caso será necesario alcanzar unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos no apartado de avaliación desta guía.
Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada estudante, no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en MOOVI.
Todo aquel estudantado que non acade o 80% das asistencias deberá acollerse á modalidade de avaliación global e realizar o exame de aspectos teóricos e prácticos na data oficial marcada para o mesmo na web da facultade.
AVALIACIÓN EN 2ª CONVOCATORIA:
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo:
- No caso de ser estudantado que optou pola avaliación continua na 1ª convocatoria, poderá realizar as actividades pendentes de avaliación positiva.
- No caso de ser estudantado que non cumpriu coa asistencia presencial mínima do 80%, que non se presentou ao exame ou que non alcanzou unha avaliación positiva neste na 1ª convocatoria, deberá realizar o exame teórico/práctico (segundo corresponda).
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)
Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptarase para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe da materia. Abrirase un cartafol na plataforma Moovi no que se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.
USO ÉTICO DA IA:
O emprego de ferramentas de IA nas actividades de avaliación desta materia deberá axustarse a un uso responsable, ético e transparente, conforme ás directrices da FETS (Normativa e formularios – Facultade de Educación e Traballo Social) e á Normativa que estableza a UVigo
DATAS DE EXAMES: consultaranse na páxina web da facultade no apartado de organización académica https://fcce.uvigo.es/es/docencia/examenes/
Horario de titorías da persoa coordinadora da materia: https://fcce.uvigo.es/es/docencia/profesorado/tamara-amorin-de-abreu/