Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
Código
O05G110V01103
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
1
1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Doval Ruiz, María Isabel
Correo-e
mdoval@uvigo.es
Profesorado
Doval Ruiz, María Isabel
Web
Descrición xeral
Esta materia cumpre un
papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para o
manexo das tecnoloxías como ferramentas para a busca, o tratamento, a
organización e a representación da información. Neste senso, serve de apoio a
outras materias do plano de estudos
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de cómo ensinar e
cómo aprender na escola dentro da sociedade da información e o coñecemento.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel
do profesor, dos alumnos e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a
nova maneira de ensinar e aprender coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras
cousas, novos recursos didácticos con base tecnolóxica, cómo deseñar e elaborar
materiais didácticos empregando a tecnoloxía, qué estratexias de traballo empregar
coas novas tecnoloxías na escola,...
Por último, como mestre será necesario que sexas capaz de axudar ós teus alumnos a desenvolverse neste novo entorno tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o ocio e o tempo de lecer,
senón tamén para a sú formación como cidadáns libres e responsables.