Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante. 30 C5
C8
C9
C10
C11
C12
C21
C28
C30
D1
D3
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
20 C5
C8
C9
C10
C11
C12
C21
C28
C30
D1
D3
Foros de discusión Actividade desenvolvida nun medio virtual na que se debaten temas diversos relacionados co ámbito académico e/ou profesional. 10 C5
C8
C9
C10
C11
C12
C21
C28
C30
D1
D3
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
40 C5
C8
C9
C10
C11
C12
C21
C28
C30
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
-MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA

As probas de avaliación contínua, tanto presenciais como telemáticas, realizaránse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia. Para acadar unha avaliación continua positiva, dada a modalidade de ensino presencial do Master, esíxese a todo o
alumnado unha asistencia presencial dun mínimo do 80% das sesións (admisible a falta do 20% das horas) ademais da
realización e entrega de tarefas ponderables.
Os prazos de entrega das actividades, traballos, etc. serán comunicados na clase no momento oportuno. É
necesario respetalos estrictamente para ser cualificados na avaliación continua.
De non ter superada a avaliación contínua, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose,polo tanto,como
aprobadas nese curso académico.

MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL

A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación contínua. O alumnado non asistente deberá
contactar a inicio de curso co docente da materia e optarán por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o
requisito de asistencia mínima (en torno ó 80% das clases ) pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global.
O alumnado que opte por esta modalidade, poderá presentarse a unha proba escrita (data marcada no calendario do mestrado para exames oficiais)sobre todos os contidos traballados. Esta proba estará basada na rigurosidade e profundización dos coñecementos e
competencias acadadas polos alumnos/as na materia e terá una ponderación de 10 puntos (100% da nota final).



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000