Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación Educativa
 Materias
  Orientación Base Legal, Composición, Planes e Programas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Proba de avaliación inicial de formato Likert para dar respostas sobre o acordo de cada quen con determinados enunciados 2
Resolución de problemas e/ou exercicios Solventar con acerto traballando en equipo de menos de 4 persoas situacións problemáticas que se producen/poden producirse nos centros e na que ten competencia o departamento de orientación do mesmo e que se formularán como actividades de ensinanza-aprendizaxe no curso de mestrado. 10
Estudo de casos/análises de situacións Expoñer por escrito de xeito completo e rigoroso, tralo corrspondente estudo en equipo, dun caso que se proporá na aula a partir da lexislación actual en materia de orientación e titoria na educación secundaria 10
Traballos tutelados Contido, estructura, oportunidade e actualidade das citas, profundidade no tratamento da cuestión, orixinaledade das solucións aportadas, rigor das conclusións y precisión nas citas bibliográficas. 15
Presentacións/exposicións Dalgún traballo realizado individualmente ou en grupo (2 persoas) que deberá ser exposto ante os demais membros da clase coa axuda dos medios audiovisuais correspondentes, tendo que dar resposta a continuación a cuestiósns formuladas polo profesorado e/ou alumnado presente. 15
Probas de autoavaliación Autocualificación nun traballo ou nun exercicio a partir dos criterios correspondentes tendo en conta as competencias y os obxectivos da materia. 8
Probas de resposta curta Resposta a 2 probas semiobxectivas ou obxectivas que se formularán ao final dalgún tema ou traballo realizado. 10
Traballos e proxectos Realizar un plan de orientación académica e profesional tendo en conta os principios da orientación, os modelos teóricos, de intervención e institucionais vixentes paraun centro de secundaria. 15
Cartafol/dossier Elaboración dun documento elaborado polo estudante que recopile información e reflexións sobre as experiencias, proyectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe nesta materia. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A asistencia é obrigatoria, polo que quen perda máis dun 15% da mesma deberá realizar unha proba de exame que constará de 10 cuestións de resposta concreta sobre os contidos da materia que se xulgará conforme aos criterios de logro das competencias e obxectivos da mesma.

2. A proba terá lugar nas datas e horas que se sinalen pola dirección do mestrado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000