Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación Educativa
 Materias
  Orientación Base Legal, Composición, Planes e Programas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (avaliación inicial) así como a presentar a materia de Orientación. Base legal, Composición, Plans e Programas
Estudos/actividades previos Procura, lectura e traballo de documentación (incluída a bibliográfica) que se realizarán de forma autónoma por parte do alumnado. A biblioteca do Campus debe considerarse un recurso de uso necesario.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudantado. Resulta fundamental que as explicacións sirvan para axudar a comprender en términos legais e conceptuais o modelo institucional de orientación educativa e profesional que se acha vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Empregarase como complemento da lección maxistral. Os problemas que poden propoñerse son os que normalmente se lle presentan aos departamentos de orientación dos centros con etapas de educación. secundaria
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito ou problema real relacionado coa orientación psicopedagóxica coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Supón a aplicación dos conceptos teóricos e legais que se imparten na materia.
Debates Charla aberta entre un grupo de estudantes centrado nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso ou no resultado dun problema. Esta estratexia empregarase con frecuencia como medio de lograr a participación do alumnado e impulsar a construcción do coñemento dentro da aula.
Traballos tutelados Elaboración dun documento sobre orientación psicopedagóxica ou preparación de investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, videos, etc. Constiúe unha actividade autónoma do estudante que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e exposición do resultado e que conta coa axuda e oseguemento do profesorado. Constiúe un elemento importante para a avaliación do alumnado e, xunto coa súa exposición, posúe un peso importante na súa cualificación
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, problema, exercicio, proxecto ou estudo de caso, normalmente tutelados polo profesorado. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo e xunto coa elaboración e resultado do traballo como tal posúe un peso importante na cualificación do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000