Economía, Administración de Empresas e Comercio na Educación Secundaria
Código
O02M066V05223
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Humanidades
A materia de Economía, Administración de Empresas e Comercio na educación secundaria forma parte do módulo específico do Mestrado de Educación Secundaria obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas da Universidade de Vigo.
Trátase dunha materia obrigatoria e conta cunha asignación de 12 créditos ECTS.
O Obxectivo básico da presente materia é capacitar ao alumnado para impartir docencia nas materias da especialidade de Economía, establecidas na ESO e no bacharelato, e dos módulos formativos das familias de Administración e Xestión e de Comercio e Marketing que se imparten na Formación Profesional.