Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía na Educación Secundaria
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Aprendizaxe e Ensinanza de Historia e Historia da Arte na Educación Secundaria/O02M066V04219

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ciencias Sociais na Educación Secundaria I/O02M066V04217
Ciencias Sociais na Educación Secundaria II/O02M066V04218
Innovación e Investigación nas Ciencias Sociais/O02M066V04221

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Desenvolvemento Psicolóxico da Aprendizaxe no Ensino Secundario/O02M066V04102
Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos/O02M066V04103
Sistema Educativo e Educación en Valores/O02M066V04104
 
Outros comentarios
- O profesorado facilitará e/ou indicará ao alumnado na clase o material didáctico pertinente para o desenvolvemento das actividades e traballos da materia. Na plataforma de Faitic poderanse consultar diversos materiais e axudas para o desenvolvemento da aprendizaxe. - Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas xustificadas está permitido faltar, co máximo, ao 20% horas presenciais. - Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán comunicados polas profesoras na clase e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua. - O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha proba escrita na daté que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais (será feita pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 100% da puntuación e terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000