Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Tecnoloxía e Informática para o Profesorado de Educación Secundaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Nº de asistencias (excepcionalmente admítese a ausencia a 2 sesións), calidade do discurso nas intervencións e/ou debates, emprego progresivo e axeitado de termos técnicos. 15
Prácticas en aulas de informática Análise e avaliación de simuladores. Organización, calidade e coherencia do conxunto do contido e entrega en prazo. 25
Traballos tutelados Traballos relacionados coas actividades de concreción e avaliación de contidos. 30
Presentacións/exposicións Presentación, calidade do contido, emprego axeitado de termos técnicos e innovación. Exposición axeitada 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións:

-
Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a
clase e a realización do traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas
xustificadas
está permitido faltar, como máximo, a duas sesións.

-
Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán comunicados polo
profesor na clase e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación
continua.

-
O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha proba
escrita na data que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais
(será feita pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 100% da
puntuación e terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos
nucleares da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000