Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Planificación de Destinos Turísticos e Desenvolvemento Sostible
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento do alumnado. Inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os estudantes seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 B1
B2
B6
B7
C1
C4
C9
C13
C17
C20
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno/a debe analizar os casos e as actividades propostas coa finalidade de interpretalo, contrastar datos, reflexionar, diagnosticar, xerar hipóteses e propor solucións baseadas en evidencias. Deberá entregar catro bloques de actividades ao longo do cuadrimestre a través da plataforma Moovi. Cada unha das entregas cualifica un 22,5%. 90 B1
B2
B4
B5
B6
C1
C3
C4
C9
C13
C17
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado deberá entregar en prazo catro bloques de actividades ao longo do cuadrimestre a través da plataforma Moovi (no cartafol correspondente). Metodoloxía: Resolución de problemas e/o exercicios. Cualificación: cada un dos bloques de actividades supón un 22,5% da nota (en total os catro bloques de actividades alcanzan o 90%). Para superar a materia será necesario entregar os catro bloques de actividades cunha nota mínima de 4 para que fagan media coas outras entregas e probas.

Ademais, o alumnado de avaliación continua terá que realizar un exame de control na data fixada para iso no calendario oficial de exames do Master. Metodoloxía: Exame de preguntas obxectivas. Cualificación: 10% da nota total. Mínimo esixido: 4 para que faga media coas outras probas.

Para superar a materia é de carácter obrigatorio entregar os 4 bloques de actividades, así como realizar o exame, obtendo un mínimo de 4 en cada unha das partes e unha nota media global igual ou superior a 5.

AVALIACIÓN GLOBAL

Para o alumnado que opte pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame teórico-práctico que supoñerá o 100% da nota da materia.

A parte teórica consistirá nun exame de cuestións obxectivas (50% da cualificación total) e a parte práctica en resolución e cuestións prácticas (50% da cualificación total). Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos un 4,0 (sobre 10) en cada parte avaliada e polo menos un 5 (sobre 10) na nota global.

AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS

Para o alumnado de avaliación continua, en caso de non superar a materia na primeira convocatoria (xaneiro) o estudante deberá entregar de novo as actividades non entregadas ou non superadas, na convocatoria de xullo (data límite de entrega o mesmo día do exame, vía Moovi, no cartafol correspondente). Igualmente deberá repetir o exame na data fixada en xullo en caso de non superar ou non presentarse ao exame de xaneiro.

Ao alumnado de avaliación global aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación que se aplicou na 1ª edición de actas.

AVISOS SOBRE A AVALIACIÓN

O alumnado matriculado manifestará formalmente (mediante correo electrónico ou través de Moovi) a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. En todo caso, aínda que non exista manifestación formal, considerarase que o alumno/para opta polo sistema de avaliación continua coa entrega do primeiro bloque de actividades. O prazo para cambiar ao sistema de avaluación global será dun mes dende o comenzo do curso no Master. 

A avaliación será a mesma para as 3 modalidades (presencial, semipresencial, non presencial).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000