Nesta materia abórdanse aspectos estratéxicos esencias relacionados coa actividade básica diaria da empresa. Deste xeito afóndase no proceso de definición da estratexia de operacións e na selección das principais decisións estratéxicas, que van desde a selección de produto e proceso até a xestión dos materiais, pasando polas decisións de distribución en planta, subcontratación, capacidade e localización, e facendo un especial fincapé na xestión de proxectos.