Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dous exames. Cada un representará o 25% da nota final da avaliación continua

Consistirán na realización de probas sobre os contidos das sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos.
50
Resolución de problemas e/ou exercicios Consistirán na realización de tarefas vencelladas coas prácticas que se indicarán ao longo do curso e que o alumnado deberá realizar de forma autonóma con base aos materiais dispoñibles e os contidos explicados nas clases. 30
Estudo de casos Consistirán na análise dalgún caso ou problema real baseado nos coñecementos impartidos na materia, que o alumando deberá redactar, entregar, e se é posible, presentar e defender na aula ou de forma virtual. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas posibilidades de avaliación Avaliación Continua (AC) e Avaliación Global (AG):

A) A avaliación da materia  por defecto será AC. É preciso presentarse ás dúas probas avaliables ou exames de preguntas obxectivas (25% da nota), e entregar e presentar o estudo de caso 20% da nota), para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua. O resto das actividades avaliables (resolución de problemas e/ou exercicios, 30% da nota) non entregadas non impiden ser avaliado/a por avaliación continua pero conlevan unha nota de cero para estas entregas. É necesario acadar unha nota mínima de 3 en cada unha das probas/exames parciais de AC e no estudo de caso para realizar a ponderación e cálculo da nota final de AC integrando as notas da resolución dos problemas e/ou exercicios (clases prácticas). A nota mínima para aprobar a materia será un 5. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se presente a algunha das dúas probas de avaliación (exames de preguntas obxectivas). 

B) Cando proceda a AG (porque o alumno así o teña decidido nos prazos establecidos polo centro ou por non ter superado a AC), realizaranse un exame final, tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade. En ambos casos,  o exame terá dúas partes, unha con preguntas de tipo test e  outra con preguntas de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. Esixirase unha nota mínima de 3 puntos en cada parte de cara ao cálculo da nota final. A nota mínima para aprobar a materia será un 5.

O exame correspondente a posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final (de primeira e segunda oportunidade).

Os estudantes que non participen na AC nin na AG figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a AC e non se presenten á AG da primeira convocatoria, figurará nas actas como suspenso, coa nota obtida en AC. O alumnado que aprobe a AC e desexe subir nota, poderá presentarse á AG en primeira convocatoria (a nota final da avaliación desta primeira convocatoria será a maior entre as obtidas na AG de primeira convocatoria e a final de AC).

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. 

O horario e lugar da realización de titorías estará publicado na plataforma de teledocencia (MooVi) así como o procedemento de solicitude das mesmas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000