Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Patrimonio cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…Inclúe a presentación do traballo de forma escrita e en formato dixital ou presencial.
40
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación de competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá problemas ou realizará exercicios na aula que serán avaliados. Estes poden tomar formas moi diversas desde estudos de caso ata exames de preguntas obxectivas. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

==== ALUMNADO
XERAL
 ====

A nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o traballo. Se non se aproba exame e traballo de aula non se sumarán as cualificacións de cada avaliación e suspenderase a materia. Igualmente aínda aprobando exame e traballo será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia.

A avaliaicón continua require que o alumnado acade menos de 4 faltas de asistencia as aulas GG e as aulas de GM.

O alumnado non presencial terá o mesmo tipo de metodoloxías de avaliación e deberá solicitar a avaliación global antes do 29 de febreiro através da plataforma Moovi da materia.

=======================================================================

A plataforma de aula
virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e
deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato
do Centro para que adopte as medidas oportunas.

Ao comezo do curso
indicarase, a través de Moovi, as características do traballo, exercicios,
probas, así como a bibliografía completa. 

Esta guía docente
anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na
materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso
académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios
real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo,
achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma
utilizada para a difusión desta información.

Ante calquera contradición
que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na tradución,
a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega.

As datas e horarios
das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000