Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arte: Arte clásica
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: arquitectura, escultura, pintura e artes menores, os seus elementos integrantes, finalidade e destino.
Aprendizaxe e lectura crítica e integral da obra de arte, tendo en conta a complexidade das súas diferentes interpretacións e significados..
Coñecemento dos fundamentos artísticos da cultura clásica de base humanística.
Comprensión das principais creacións, solucións e elementos do mundo clásico.
Manexo das fontes iconográficas e a súa aplicación para a interpretación e correcta lectura da obra de arte.
Capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos artísticos básicos nun contexto tanto disciplinar como multidisciplinar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000