Guia docente 2026_27
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Prácticas en empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas A avaliación das prácticas farase en base a: memoria escrita das prácticas (25%), informe do titor na empresa/entidade (70%) e informe do estudante (5%). 100 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
B7
B8
C10
C11
C12
C13
C14
C15
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a avaliación do alumnado o titor
académico terá en conta ao remate da práctica a seguinte documentación e
ponderacións:



1- Elaboración da memoria por parte do
alumnado segundo o contido que establece o regulamento de prácticas do centro
(suporá o 25% da nota). 



2- Informe do titor na empresa/entidade onde
realizou o alumnado a práctica (suporá o 70% da nota). 



3- Informe do estudante en prácticas (suporá o
5% da nota). 



Se así o considera o titor académico pode
solicitar unha entrevista co alumnado.



A entrega da documentación por parte do
alumnado será como mínimo 15 días antes do peche das actas de cada
convocatoria. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o
titor, tendo en conta a documentación achegada pola empresa ou entidade onde se
fixeron as prácticas e por o alumnado, decidirá sobre a maneira de superar a
materia na 2ª convocatoria, se é o caso.



Outros comentarios:



No caso excepcional de facer as prácticas nos meses de verán (xullo e agosto) deben rematar o derradeiro día hábil do mes de agosto.



É imprescindible para realizar as prácticas
curriculares estar matriculado nesta materia. O alumnado non poderá iniciar a
práctica sen que previamente exista un convenio de colaboración asinado entre a
entidade/empresa e a Universidade de Vigo e estar asinado o Anexo de
formalización das prácticas polas tres partes implicadas (titor académico,
titor na empresa/entidade e estudante).



Para a xestión das prácticas o alumnado ten
que dar de alta o seu número da Seguridade Social (NUSS) na Secretaría Virtual.
Este procedemento debe facerse ao inicio do curso académico.



Asistencia exames durante as prácticas



Durante a realización das prácticas externas o
estudantado poderá asistir á realización dos exames da titulación, se fora o
caso.



Recoñecemento de prácticas
extracurriculares por prácticas curriculares



Segundo estipula o artigo 19 do Regulamento de
Prácticas Académicas Externas do Alumnado da Universidade de Vigo (RPEAUV)
cando o estudantado o solicite, sendo a duración e o proxecto formativo
axustado ao plan de estudos e que cumpra coa normativa de prácticas académicas
externas as prácticas extracurriculares poderanse recoñecer e incorporarse ao
expediente académico como prácticas académicas externas curriculares. É
imprescindible que o alumnado manifeste e comunique ao coordinador de prácticas
do centro a súa intención de facer este recoñecemento no momento de asinar as
prácticas extracurriculares.



Recoñecemento de experiencia laboral ou
profesional por prácticas curriculares



Segundo o artigo 8 do RPEAUV o
estudantado poderá recoñecer as prácticas a partir da súa experiencia laboral
ou profesional. A experiencia profesional debidamente acreditada poderá ser
recoñecida por prácticas curriculares (300 horas), sempre e cando esta
experiencia estea relacionada coas ensinanzas universitarias do Plan de Estudos
obxecto de recoñecemento. Os estudantes nesta situación deberán comunicalo ao
responsable do programa de prácticas do centro, o cal indicaralle o procedemento
a seguir para o seu recoñecemento.



A experiencia profesional haberá que haberse
realizado como máximo nos últimos tres años previos ao recoñecemento das
prácticas, a contar dende a súa finalización.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000