| |
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
| Estudo de casos |
Avaliarase a participación dos estudantes na tarefa desenvolvida na aula, atendendo aos criterios de rigor académico, capacidades de análise e discursiva, e actitude propositiva. |
5 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B7 B9
|
C3 C4 C9 C10 C15
|
D2
|
| Seminario |
Avaliarase a participación dos estudantes na tarefa desenvolvida na aula, atendendo aos criterios de rigor académico, capacidades de análise e discursiva, e actitude propositiva. |
5 |
A1 A2 A3 A4
|
B3 B7 B9
|
C3 C4 C9 C10
|
D2
|
| Saídas de estudo |
A saída de estudo será avaliada a partir do comportamento e actitude do estudante na mesma e da entrega da memoria da excursión, que seguirá as pautas marcadas polo persoal docente. |
5 |
A3
|
B7 B9
|
C3 C4 C9 C10
|
D2
|
| Aprendizaxe-servizo |
A avaliación terá en conta a capacidade do estudiante para poñer en práctica os coñecementos teóricos aprendidos na aula, a súa capacidade de transmitir o seu traballo ao resto da aula e a potencialidade de transferencia de coñecemento ao concello seleccionado. |
20 |
A2 A3 A4 A5
|
B3 B8 B9
|
C3 C4 C9 C15
|
D2
|
| Debate |
Avaliarase a participación na tarefa desenvolvida na aula, atendendo aos diferentes roles seguidos por cada estudante e aos criterios de rigor académico, capacidades de análise e discursiva, e actitude propositiva. |
5 |
A3 A4 A5
|
B3 B7 B8 B9
|
C3 C4 C10
|
D2
|
| Flipped Learning |
Avaliarase o seguimento das instruccións dadas polo persoal docente e a realización concreta dos exercicios plantexados na aula, valorando tanto os acertos como a actitude empática e colaborativa dos estudantes. |
5 |
A2 A3 A4 A5
|
B3 B8 B9
|
C3 C4
|
|
| Gamificación |
Os xogos que se fagan na aula establecerán ao inicio a avaliación de cada unha das "partidas" que se desenvolvan. |
5 |
A1 A3
|
B3
|
C3 C4 C9 C10
|
|
| Prácticas con apoio das TIC |
A avaliación da práctica guiada sobre elaboración dun itinerario turístico con soporte de SIX estará pautada en función do grado de similitude entre o resultado de cada estudante e a versión óptima da práctica. |
5 |
A2 A5
|
B7 B9
|
C9 C10
|
D2
|
| Prácticas de campo |
As prácticas de campo, como a saída de estudos, serán avaliadas a partir do comportamento e actitude do estudante nas mesmas e da entrega das memorias de cada práctica, que seguirán as pautas marcadas polo persoal docente. |
5 |
A3
|
B7 B9
|
C10
|
D2
|
| Exame de preguntas de desenvolvemento |
O exame xeral constará dun listado de conceptos para definir, unha serie de preguntas teóricas concretas a desenvolver, un ensaio plantexado partindo dos debates e discusións levadas a cabo na aula e o comentario dunha imaxe, extraída das visionadas na aula nas presentacións teóricas. |
40 |
A1 A4 A5
|
B3 B7 B9
|
C3 C4 C9 C10
|
D2
|
| |
| Outros comentarios sobre a Avaliación |
|
A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partires das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente).
Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia.
Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios: a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 70% da calificación final. b) Realización dun traballo obrigatorio que suporá o 30% da calificación final. Segunda convocatoria: Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo tutelado e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo en relación co temario da materia. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso académico correspondente.
No caso de conflicto ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web de la FCETOU. |