|
Na primeira convocatoria os alumnos deberán asistir a
clase para beneficiarse da avaliación contínua (con máis de 3 faltas
sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consistirá
na recollida de tarefas e actividades de clase ou casa (40%), 1
control ao finalizar o cuatrimestre (40%, mínimo 5) e entregar un glosario (20%). Para a avaliación contínua, será necesario comprar o
método de lingua que se utiliza en clase e traelo a diario. Aqueles alumnos que non superen a materia durante o
curso terán que presentarse ao exame final escrito (80%, mínimo un 5) e
entregar un glosariol (20%). Tamén poderán presentarse ao examen final
aqueles alumnos que desexen subir nota. O alumnado pode renunciar a avaliación
continua e pasarse a avaliación global comunicándoo por escrito ao coordinador
ata 30 días hábiles tras o inicio do primeiro cuatrimestre. Na segunda
convocatoria os alumnos deberán realizar un exame
final da materia (80%, mínimo un 5) e entregar un glosario (20%). As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU. |