Exame de preguntas obxectivas |
Exame de preguntas obxectivas e de desenvolvemento |
40 |
|
|
|
|
As/os estudantes deberán escoller no inicio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. AVALIACIÓN CONTINUA Recoméndase optar por esta modalidade de avaliación. A/o estudante será avaliado tendo en consideración: - A asistencia e participación continuada deberá concretarse na realización das tarefas encomendadas dentro e fora da aula. A asistencia e participación non poderá ser inferior ao 80%. Se se dá unha asistencia e participación inferior (e independentemente de se existen motivos xustificados), a/o estudante deberá optar pola avaliación única.
- Traballo escrito obrigatorio. Valoración: 10%
- Traballo oral obrigatorio (individual ou en grupo). Valoración: 20%
- Proba escrita teórico-práctica:
1. Proba de expresión escrita (coñecementos gramaticais, comprensión lectora e comprensión auditiva): 40% 2. Proba de expresión oral: 30%
AVALIACIÓN ÚNICA Avaliación única de carácter presencial. Quen opte de forma directa pola avaliación única será examinado ao final do primeiro período, na primeira edición das actas: - Proba escrita teórico-práctica:
- Expresión escrita e coñecementos gramaticais: 25%
- Comprensión escrita: 20%
- Comprensión oral: 25%
d. Proba de expresión oral
4. Expresión oral: 30% É preciso superar ambas as probas –escrita e oral– para superar a materia. A copia ou o plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas. A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 días antes da data oficial da proba escrita), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma. Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |