Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Sistemas de información para a xestión turística
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Sistemas de información para a xestión turística Código O04G240V01503
Titulacion
Grao en Turismo
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Organización de empresas e márketing
Coordinador/a
Carlos Villamarín, Pablo de
Correo-e pdecarlo@uvigo.es
Profesorado
Carlos Villamarín, Pablo de
Web http://https://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral No contexto da actual sociedade da información, os sistemas que permiten xestionar esta son vitais para a supervivencia de calquera organización que, tal como sucede con aquelas que integran o sector turístico, participe activamente no mundo dos negocios globais. Nesta materia preténdese pór de manifesto a importancia que para as organizacións do sector turístico ten deseñar e implantar un sistema de información eficiente. Esta ferramenta de xestión debe permitirlles captar os datos dispoñibles nunha contorna altamente complexa e dinámica, procesalos no seo da organización para convertelos en información útil e difundir dita información ás persoas idóneas. Así mesmo, preténdese resaltar as novas oportunidades de negocio electrónico que xurdiron no sector.
A materia está integrada por dous tipos de contidos intimamente relacionados. Por unha banda, os teóricos, centrados na análise dos sistemas de información nas organizacións, en xeral, e nas do sector turístico, en particular. Para iso, abordaranse aspectos tales como o papel que xogan os sistemas de información nos negocios actuais, os trazos distintivos que caracterizan á denominada sociedade da información, así como as transformacións experimentadas polo turismo no seo da mesma, o impacto dos sistemas de información nas organizacións e a súa utilización para obter vantaxes competitivas ou os novos modelos de negocio electrónico no sector turístico. Doutra banda, os prácticos, nos que se formularán actividades que permiten afondar no coñecemento dos sistemas de información utilizados na xestión das organizacións turísticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000