Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Sistemas de información para a xestión turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test dos contidos desenvolvidos mediante Flipped Learning nas sesións teóricas. 40 A1
A2
A5
B7
B8
B9
C10
C13
D2
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Realizaranse dúas presentacións ao longo do curso. Cada unha delas suporá o 30% da cualificación final.
60 A2
A3
A4
A5
B1
B5
B7
B8
B9
B10
C10
C13
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba (en cada unha das Presentacións e no Exame de preguntas obxectivas) para poder compensala e superar a materia.

Poderá valorarse, adicionalmente, calquera contribución realizada polos alumnos nas sesións presenciais.

O alumno ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O prazo establecido para este curso é do 11 de setembro ao 11 de outubro. Antes de que termine o prazo, o alumno deberá enviar un correo ao profesor manifestando que opta pola avaliación global.

O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota (avaliación global). A parte teórica consistirá
nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

Segunda oportunidade (e convocatoria extraordinaria): os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións:

- Realizar un exame, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá
nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

- Conservar a nota obtida nas Presentacións (30% cada unha), sempre que sexa superior a 3.5 (sobre 10) en cada unha delas, e realizar unicamente o Exame de preguntas obxectivas (40%). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia.

Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, e a puntuación total é igual ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.9 (sobre 10).

A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

IMPORTANTE: é obrigación dos alumnos coñecer e seguir as instruccións relativas as distintas probas de avaliación, tanto as contidas na Guía docente ou calqueira outro documento de organización da materia que o profesor poña a súa disposición, como as que se lle fagan chegar puntualmente a través das canles habituais (correo electrónico e/ou Moovi).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000