Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IIIA: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Comprensión e asimilación dos principais contidos teóricos 5 CB3
CB4
CG4
CG5
CG8
Seminario Traballo individualizado sobre as principais competencias comunicativas no sector turístico 5 CG5
CE14
CE15
CT3
CT5
Resolución de problemas Realización de exercicios e actividades prácticas que resuman os contidos xeráis do curso 5 CG4
CG5
CE14
CT3
CT5
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios e actividades contextualizadas. Léxico específico 20 CB4
CG7
CE14
CE15
CT3
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización e presentación dun tema 15 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG4
CG6
CG7
CE14
CE15
CT3
CT5
Actividades introdutorias Evaluación das competencias comunicativas 5 CB4
CB5
CG4
CT5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios y actividades prácticas que resuman os contidos xerais do curso nas principales destrezas comunicativas orales 20 CG5
CG6
CG7
CE14
CE15
CT3
CT5
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e producción oral e escrita 25 CG1
CG4
CG5
CG8
CE14
CT3
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado poderase acoller á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá pór en coñecemento do docente a cal das dúas opcións se acolle. Aqueles que se acollan á avaliación continua deberán entregar ao longo das dúas primeiras semanas das clases unha ficha cuberta e cunha fotografía. A non comunicación, non entrega da ficha e/ou non realización das probas previstas para a avaliación continua suporán automaticamente a avaliación única.

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis adecuado para a aprendizaxe da materia.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, computador, teléfonos móbiles ou outros dispositivos electrónicos.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade respecto diso.

A.1) Avaliación continua

Para acollerse á avaliación continua o alumnado deberá realizar as seguintes probas:

- Speaking 20%: Dúas probas (10%+10%) que terán lugar nas datas indicadas no cronograma.

- Writing (20%): Dúas probas: (10%+10%) que terán lugar nas datas indicadas no cronograma.

- Listening (10%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

- Reading (10%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

- Use of English (40%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

As datas das probas de avaliación continua serán anunciadas no cronograma publicado na páxina web da Facultade e tamén en Moovi.

Para superar a materia será necesario:

1) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media aritmética das probas escritas: Use of English (40%), Writing (10%+10%), Listening (10%) and Reading (10%).

2) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media aritmética das dúas probas de speaking (10%+10%).

Os exames e probas da avaliación continua non realizadas contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación continua. Para a segunda edición das actas (xullo 2022) conservaranse as partes aprobadas da materia: a) parte escrita da materia (incluíndo Use of English, writing, reading e listening) b) parte oral da materia (speaking).

A.2) Avaliación única

O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. O exame final escrito terá as seguintes porcentaxes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (10%), Listening (10%).

O examen oral final (só para o alumnado de avaliación final) terá lugar no mesmo día que o exame escrito final e suporá o 20% da nota final.

Para aprobar a materia, será necesaria unha nota mínima de 5 tanto no exame escrito como no exame oral. Os exames de avaliación única non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación única.

A data desta proba de avaliación única da primeira edición das actas será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. Para a segunda edición de actas (xullo 2022) conservaranse as partes aprobadas: a. exame oral (speaking) ou b. exame escrito (incluíndo use of English, writing, reading e listening).

B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (Xullo):

O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición de actas:

- O exame escrito terá as siguientes porcentaxes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (10%), Listening (10%).

- O exame oral terá lugar no mesmo día que o exame escrito e suporá un 20% da nota final.

Para aprobar a materia, será necesario obter unha nota mínima de 5 tanto no exame escrito como no exame oral. Os exames da segunda edición das actas non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias.

A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. De non superar a materia en xullo 2022, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para datas posteriores.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000