Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IIIA: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Comprensión e asimilación dos principais contidos teóricos 10 A3
A4
B4
B5
B8
Seminario Traballo individualizado sobre as competencias de lectura no ámbito turístico 5 B5
C14
C15
D3
D5
Resolución de problemas Realización de actividades prácticas que resuman os contidos xeráis do curso a través de destrezas de lectura. 5 B4
B5
C14
D3
D5
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios e actividades contextualizadas. Léxico específico. Desarrollo de destrezas escritas 20 A4
B7
C14
C15
D3
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización e presentación dun tema 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
B7
C14
C15
D3
D5
Actividades introdutorias Evaluación das competencias comunicativas 5 A4
A5
B4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios y actividades prácticas que resuman os contidos xerais do curso nas principales destrezas comunicativas orales 20 B5
B6
B7
C14
C15
D3
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e producción oral e escrita 20 B1
B4
B5
B8
C14
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado poderase acoller á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá pór en coñecemento do docente a cal das dúas opcións se acolle. 

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis adecuado para a aprendizaxe da materia. Para acollerse á avaliación continua o alumnado deberá entregar o 80% das tarefas programadas e realizar as probas descritas no apartado A.1

O prazo para mudar de avaliación contínua a global é de un mes dende o comenzó do período da docencia.

A Avaliación Global realizarase nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida no calendario académico aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

A.1) Avaliación continua

Para acollerse á avaliación continua o alumnado deberá realizar as seguintes probas:

- Speaking (20%): Unha  proba que terá lugar nas datas indicadas no cronograma.

- Writing (20%): Unha proba que terá lugar nas datas indicadas no cronograma.

- Listening (10%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

- Reading (10%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

- Use of English (40%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

As datas das probas de avaliación continua serán anunciadas no cronograma publicado na páxina web da Facultade.

Para superar a materia será necesario:

1) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media aritmética das probas escritas: Use of English (40%), Writing (20%), Listening (10%) and Reading (10%).

2) Obter unha nota mínima de 5 na proba de speaking (20%).

Os exames e probas da avaliación continua non realizadas contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación continua. Para a segunda edición das actas (xullo) conservaranse as partes aprobadas da materia: a) parte escrita da materia (incluíndo Use of English, writing, reading e listening) b) parte oral da materia (speaking).

A.2) Avaliación única

O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. O exame final escrito terá as seguintes porcentaxes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (10%), Listening (10%).

O examen oral final (só para o alumnado de avaliación final) terá lugar no mesmo día que o exame escrito final e suporá o 20% da nota final.

Para aprobar a materia, será necesaria unha nota mínima de 5 tanto no exame escrito como no exame oral. Os exames de avaliación única non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación única.

A data desta proba de avaliación única da primeira edición das actas será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. Para a segunda edición de actas (xullo) conservaranse as partes aprobadas: a. exame oral (speaking) ou b. exame escrito (incluíndo use of English, writing, reading e listening).

B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (Xullo):

O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición de actas:

- O exame escrito terá as siguientes porcentaxes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (10%), Listening (10%).

- O exame oral terá lugar no mesmo día que o exame escrito e suporá un 20% da nota final.

Para aprobar a materia, será necesario obter unha nota mínima de 5 tanto no exame escrito como no exame oral. Os exames da segunda edición das actas non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias.

A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. De non superar a materia en xullo, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para datas posteriores.

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000