Guia docente 2025_26
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Patrimonio cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O traballo tutelado baseado na evidencia científica, e contextualizado no APS “Educa na diversidade, transforma a sociedade”, responden a unha demanda que nos achega a entidade ou entidades colaboradoras para proporcionar un servizo ou produto (i.e., taller, material audiovisual, entre outros) ao colectivo con diversidade (i.e., social, académica, cultural), co que traballamos ao longo do cuadrimestre. Este traballo debe ser aplicado na poboación diana do APS e ademáis debe ser defendido na sesión que conclúe do APS. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C9
C10
D1
D2
D3
D5
Presentación Enténdese por presentación tanto o formato do informe como a exposición do traballo realizado. O alumnado realizará a presentación na aula e ante as persoas destinatarias do APS. 20 A1
A3
A4
A5
B1
B7
B9
C1
C3
C4
C9
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación de competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B8
B9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na avaliacion continua a nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o traballo. Aínda aprobando exame e traballo será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia.

O estudantado que reununcie á avaliación continua poderá pasarse á avaliación global comunicándoo por escrito ao coordinador/a da materia ata 30 días hábiles tras o inicio do segundo cuadrimestre. Para optar á avaliación global o/a alumno/a deberá recibir resposta positiva do coordinador/a vía mail para dar por tramitada dita solicitude. 

A avaliación global consitirá nunha proba con preguntas obxectivas de acordo co horario oficial dispoñible na web da Facultade de CC Empresariais e Turismo.

===============

A plataforma de aula
virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e
deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato
do Centro para que adopte as medidas oportunas.

Ao comezo do curso
indicarase, a través de Moovi, as características do traballo, exercicios,
probas, así como a bibliografía completa. 

Esta guía docente
anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na
materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso
académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios
real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo,
achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma
utilizada para a difusión desta información.

Ante calquera contradición
que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na tradución,
a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega.

As datas e horarios
das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000