Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Recursos territoriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación dos traballos realizados en grupo acordes ás pautas propostas 30 A1
A2
A3
A4
B3
B7
B8
C3
C4
D2
Presentación Presentación dos traballos acorde ás pautas propostas 20 A1
A3
A4
B3
B7
C3
C4
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas sobre aspectos teóricos tratados no temario 40 A1
A4
B3
C1
C3
C4
C10
D2
Práctica de laboratorio Probas e exercicios prácticos 10 A1
A3
A5
B3
B9
C3
C4
C9
C10
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro . En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partires das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente). Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia. Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios: a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 60% da calificación final. b) Realización dun traballo obrigatorio que suporá o 40% da calificación final. O prazo para mudar de avaliación continua a global no 1º cuadrimestre é do 11 de setembro a 11 de outubro.

A avaliación global realizarase nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida no calendario académico.

Na segunda convocatoria: Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo tutelado e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo en relación co temario da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000