Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión da innovación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación continua ao longo das sesións presenciais do curso. Consiste na resolución, de maneira individual ou en grupo, de cuestións expostas, orientadas e supervisadas polo profesorado, sobre a materia.
Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia.
40 B1
B9
B10
C12
C16
D2
Traballo tutelado Avaliación do traballo de curso.
É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 na cualificación deste traballo.
30 B5
B9
B10
C16
D2
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame a celebrar a final de curso, na data oficial establecida polo centro.
É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 nesta proba.
30 C5
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o
sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba
de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá
elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A escolla
de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida até ese momento en calquera das
probas que xa tiveran lugar.

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

PROBA 1: Resolución de problemas.



Descrición: Ao longo do curso
proporase a análise de datos e de diversos casos prácticos relacionados co
temario. Se un/ha alumno/a non realiza algunha actividade das propostas, asignaráselle unha nota de 0 nesa actividade.



% de cualificación: 40%



--------------------------------------------------
--------------------------

PROBA 2: Traballo tutelado.



Descrición: O alumnado
elaborará un traballo sobre unha empresa innovadora, supervisado pola
profesora.



% de cualificación: 30%



% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos (sobre 10).



--------------------------------------------------
--------------------------

PROBA 3: Exame de opción múltiple.



Descrición: Realizarase un
exame tipo test, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e
procesos esenciais de Dirección e Xestión da Innovación.



% de cualificación: 30%



% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos (sobre 10).



--------------------------------------------------
--------------------------

Aclaracións sobre a avaliación
continua: 
No caso de que algún alumno/a non supere o exame tipo test e/ou o
traballo tutelado da 1ª edición da acta (é dicir, obteña unha nota
inferior a 5):

  • Poderá recuperar o exame e/ou o traballo suspensos na data
    oficial establecida para a 2ª edición de actas.
  • O alumnado que se atope nesa situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (1ª edición da acta). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

PRIMEIRA PARTE DA PROBA: Exame tipo test.



Descrición: Proba obxectiva
que valorará a adquisición e comprensión dos conceptos e procesos esenciais da
materia.



% cualificación: 30%



% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o/a estudante deberá obter unha nota igual ou superior
a 7 puntos (sobre 10).



--------------------------------------------------
--------------------------

SEGUNDA PARTE DA PROBA: Exame de cuestións teórico-prácticas.



Descrición: Proba que incluirá
avaliación de conceptos teóricos e resolución de exercicios.



% cualificación: 70%



--------------------------------------------------
--------------------------

Aclaracións sobre a
avaliación global:
 O
estudantado que siga o sistema de avaliación global deberá obter polo menos un
7 sobre 10 no exame de preguntas test (primeira parte da proba). A nota
numérica que figuraría na acta para o alumnado que non acade esta nota mínima,
sería a nota obtida nesa proba, cando fose inferior a 4,9. Se esa nota fose
igual ou superior a 4,9, aparecería unha nota de 4,9.

OBSERVACIÓNS GLOBAIS



Os estudantes que non participen na
AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.



Recoméndase ao alumnado ter en
conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)



As datas e horas das probas de AG
(de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso en vigor.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as
publicadas na web da facultade, http://fcetou.uvigo.es

CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS



As titorías pódense consultar a
través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de
https://fcetou.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000