Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión e innovación tecnolóxica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Xestión e innovación tecnolóxica Código O04G020V01906
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Organización de empresas e márketing
Coordinador/a
Gueimonde Canto, Ana Isabel
Correo-e agueimonde@uvigo.es
Profesorado
Gueimonde Canto, Ana Isabel
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral A innovación é unha disciplina que deben practicar todas as empresas, independentemente da súa dimensión ou do sector onde compitan. De aí a importancia de que se transformen os procesos de innovación tecnolóxica en procesos estratéxicos.

No contexto actual, o crecemento económico e a mellora do benestar non asenta apenas en crear novo coñecemento e novas tecnoloxías senón moi especificamente na capacidade para xestionar eficazmente ambos, póndoos en valor como recursos competitivos a través dos cales se podan crear novos produtos de mercado e procesos produtivos ou ben mellorar os existentes. Unha eficaz dirección e xestión de empresas vai hoxe en día indisolubelmente ligada, mesmo subordinada, á xestión da innovación e a tecnoloxía.

Con esta materia preténdese capacitar ao alumnado para levar a cabo actividades relacionadas coa xestión da innovación e a tecnoloxía en calquera tipo de organización.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000